Amosando publicacións coa etiqueta E. DE DINAMIZACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta E. DE DINAMIZACIÓN. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2020

O ENTROIDO


    
         Para celebrar o entroido en Fornelos, ademais do tradicional desfile do venres 21 de febreiro, ó longo da semana tivemos unha visita moi especial, o tradicional "MECO" que viña caracterizado de Willy Fog e púxonos uns mandatos moi divertidos.





Estas son algunhas mostras do guapos que estabamos:








mércores, 8 de xaneiro de 2020

O NADAL NO CEIP DOUTOR SUÁREZ


   Este ano para decorar a entrada polo Nadal fixemos este bonito mural.





   A árbore está feita coas nosas máns pintadas e recortadas e as estrelas levan escritas nosos desexos.





   Ademáis, os de infantil fixeron este outro tan bonito.





   A Papá Noel, o Apalpador e aos reis magos debéronlles encantar que cando volvemos do nadal atopámonos un montón de regalos ó pe da nosa árbore.

   Que bonito nos quedou o cole!!

venres, 10 de abril de 2015

MES DE ROSALIA

DESDE O 24 DE FEBREIRO (DÍA DO ANIVERSARIO DE ROSALÍA) ATA O 10 DE ABRIL, NO COLE TRABALLAMOS A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO COINCIDINDO COS 130 ANOS DO SEU PASAMENTO.

FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE INTERACTIVA, PARA SABER MAÍS SOBRE A VIDA DE ROSALÍA, QUE PODEDES FACER A CONTINUACIÓN OU CLICANDO  AQUÍ



AO LONGO DESTES DÍAS FIXEMOS UNHA LIÑA DE VIDA DIVIDIDA POR ETAPAS DA SÚA VIDA. 
A CONTINUACIÓN PODEDES MIRAR O VIDEO DOS TRABALLOS E A SÚA EXPOSICIÓN ORAL.

venres, 30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

HOXE NO COLE, CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ.

ABAIXO PODEDES VER O VIDEO CO QUE QUEREMOS RECLAMAR A PAZ PARA TODO O MUNDO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. 





OS ALUMNOS/AS DE SEXTO CONTÁRONNOS UN CONTO MOI BONITO CHAMADO
"A NENA INVISIBLE" 

PODEDES VER O BEN QUE O FIXERON!!!!!




E POR ÚLTIMO, ANA VENTÍN, UNHA NAI DUNHA ALUMNA DO COLE, A QUEN LLE
QUEREMOS AGRADECER A SÚA PARTICIPACIÓN, VEU CONTARNOS A VIDA DE
MALALA YOUSAFZAI (PREMIO NOBEL DA PAZ DESTE ANO) 
E LOGO RESPOSTOU A TODAS AS PREGUNTAS QUE LLE FIXEMOS.

MIRADE ABAIXO, MIRADE...



luns, 29 de decembro de 2014

AS POSTAIS DO NADAL

O NOSO ALUMNADO E AS FAMILIAS TRABALLARON A REO FACENDO AS POSTAIS DO NADAL.

O RESULTADO É: EXCELENTE!!!!

E COMO UNHA IMAXE VALE MÁIS CA MIL PALABRAS


OLLADE VÓS MESMOS:





E... AGORA... AS GAÑADORAS


O XURADO, FORMADO POR UN NENO DE CADA CLASE, TIVO QUE FACER UN ESFORZO EXTRA XA QUE TODAS ERAN PRECIOSAS.


PREMEDE NO FUCIÑO DESTES RENOS E ABRIREDES OS SOBRES NOS QUE ESTÁN AS TRES POSTAIS GAÑADORAS.








PARABÉNS 


FELICES FESTAS PARA TOD@S!!!

xoves, 18 de decembro de 2014

CALENDARIO- REFRANEIRO DO ANO 2015

Coa chegada do novo ano, propuxémonos facer un calendario no que cada mes fora acompañado por un refrán relacionado con esa época do ano.

A participación na actividade foi moi grande e  agradecemos a vosa colaboración.

QUEDOUVOS MOI CHULO!!!


10 DE DECEMBRO:DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Vimos de conmemorar o día internacional dos dereitos humanos, facendo unha árbore na que recordamos os dereitos que todos temos, polo simple feito de ser persoas.

ESPÉRAMOS QUE VOS GUSTE!!!  

 

venres, 5 de decembro de 2014

21 DE NOVEMBRO: O MAGOSTO


POR FIN...


 O TEMPO ATMOSFÉRICO NOS DEIXOU CELEBRAR ESTA FESTA QUE TANTO NOS GUSTA:


O MAGOSTO!!!

MIRADE QUE BEN O PASAMOS:

mércores, 26 de novembro de 2014

30 DE OUTUBRO: O SAMAÍN

Para celebrar unha festa tan terrorífica coma  a do  SAMAÍN,  traballamos moito e pasámolo xenial:


 NO COLEXIO REPRESENTAMOS A OBRA DE TEATRO:" O SAMAÍN DE FORNELOS"

Esta obra  é unha versión do libro de Carlos e Sabela Labraña: "Indo para o Samaín"

 Puxemos en práctica as nosas artes escénicas, e....

SORPRESA!!!
 A estes rapaces e rapazas non se lles dá nada mal.


MIRADE!!!! MIRADE!!!!





 NA CASA FIXEMOS AS CABAZAS, 

 E LOGO NO COLE:   EXPOSICIÓN E CONCURSO