domingo, 17 de maio de 2020

CHEGOU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola nenos e nenas.

Xa está  preparado o noso video-conto das LETRAS GALEGAS!


Ante todo, os mestres e mestras do cole queremos dar as gracias ós participantes que nos axudastes a contar o conto "As pitas baixo a choiva" mandando uns debuxos moi moi fermosos e traballados.

Quedou así de fermoso, a ver se vos gusta, que o disfrutedes!


domingo, 10 de maio de 2020

PROXECTO LETRAS GALEGAS 2020


Ola nenos e nenas, chegou a semana das LETRAS GALEGAS!!!

Aínda que non a podemos celebrar con actividades especiais no cole, como facemos outros anos, adaptarémonos ós recursos que temos na actualidade para facer desta festividade algo especial, xa que así o merece a nosa lingua, o galego.

Que vos propoñemos?

Como ben sabedes, un dos contos máis coñecidos de Carbalho Calero é "As pitas baixo a choiva".

Entón, como a tod@s nos encantan os contos, gustaríanos que nos axudarades a contar este dun xeito algo diferente.

Para iso, o que tendes que facer é ler a páxina ou páxinas do conto que vos tocan, segundo o reparto que aparece máis abaixo, e facer un debuxo sobre ese texto. 

Unha vez recopilados os vosos debuxos os profes prepararemos algo moi bonito e especial.

Esperamos que nos axudedes!

ENLACE Ó CONTO: "As pitas baixo a choiva"


As vosas fotos deberedes remitilas ó correo da profe Lucía: luciareymiguez@gmail.com ata o día 14 de maio.

Agardamos polas vosas fotos!!


Ademais, para os que queirades seguir aprendendo sobre o autor homenaxeado, aquí vos deixamos algúnhas actividades moi divertidas que podedes facer:


xoves, 7 de maio de 2020

XOGANDO TAMÉN APRENDEMOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS


A proposta que presentamos nesta entrada é un xogo moi de moda na actualidade, o "Escape Room", estes creáronos unhas mestras e compartironos para que así tod@s poidamos disfrutar deles e aprender moitas cousas sobre as letras galegas.


Que é un "escape room"?


É un xogo de aventura, no que deberedes empregar o voso inxenio para ir resolvendo as misións que vos encomendan, e así conseguir os números da clave para chegar á recompensa final.

É moi divertido e motivante así que ánimo con este reto!!




Aquí tendes os enlaces:





domingo, 3 de maio de 2020

PRESENTACIÓN DO AUTOR HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2020

Ola a todos e todas!!

Comezou o mes de maio, mes de celebración das letras galegas! Este ano a súa celebración será un pouco diferente xa que non podemos facelo xunt@s pero non por iso vai a quedar sen festexar.

Como ben sabedes, o seu día de celebración é o 17 de maio e cada ano adícaselle a un autor ou autora. Sabedes quen é o autor homenaxeado este ano?


De seguro que despois de ver un dos seguintes recursos sobre a súa vida e obra saberedes responder.


A proposta para os alumnos e alumnas de infantil, 1º e 2º é o preguntoiro das letras galegas:





A proposta para os alumnos e alumnas de 3º e 4º é o conto da vida de Ricardo Carballo Calero:



As propostas para os alumnos e alumnas de 5º e 6º son:
- Unha entrevista:





- Unha liña do tempo sobre a súa vida e obra (premede no enlace para vela): Liña do tempo


Xa sabedes quen é o autor homenaxeado? Certo, Ricardo Carballo Calero.

Esperamos que aprenderades moito sobre él!


Saúdos e moitos ánimos para tod@s!!

venres, 28 de febreiro de 2020

O ENTROIDO


    
         Para celebrar o entroido en Fornelos, ademais do tradicional desfile do venres 21 de febreiro, ó longo da semana tivemos unha visita moi especial, o tradicional "MECO" que viña caracterizado de Willy Fog e púxonos uns mandatos moi divertidos.





Estas son algunhas mostras do guapos que estabamos:








mércores, 8 de xaneiro de 2020

O NADAL NO CEIP DOUTOR SUÁREZ


   Este ano para decorar a entrada polo Nadal fixemos este bonito mural.





   A árbore está feita coas nosas máns pintadas e recortadas e as estrelas levan escritas nosos desexos.





   Ademáis, os de infantil fixeron este outro tan bonito.





   A Papá Noel, o Apalpador e aos reis magos debéronlles encantar que cando volvemos do nadal atopámonos un montón de regalos ó pe da nosa árbore.

   Que bonito nos quedou o cole!!

martes, 12 de novembro de 2019

TRABALLANDO O OUTONO




O OUTONO NO CEIP DOUTOR SUÁREZ


Este ano, para traballar o outono, no cole fixemos este estupendo mural coa colaboración de todos/as os nenos e nenas do centro así como dos mestres.

Cada curso traballou unha temática referente ó outono e logo plasmaron as palabras máis representativas desa temática nas cartolinas colocadas no mural.

Este foi o produto final!!










Os nenos e nenas de infantil traballaron 
as froitas e froitos.






Os nenos e nenas de 1º e 2º traballaron 
as prendas de roupa.










Os nenos e nenas de 3º
 traballaron 
a flora e a fauna.





     
 Os nenos e nenas de 4º traballaron os poemas.





Os nenos e nenas de 5º
traballaron a meteoroloxía.










       Os nenos e nenas de 6º
         traballaron os refráns.



domingo, 26 de xuño de 2016

FESTIVAL DE FIN DE CURSO




AQUÍ TEDES O VÍDEO DAS ACTUACIÓNS DO NOSO ALUMNADO.

ESTES NENOS E NENAS SON UNS VERDADEIROS ARTISTAS!!!








E AGORA PODEREDES VER UN VÍDEO ESPECIAL PARA O ALUMNADO DE 6º, ONDE SE DESPIDEN, RECIBEN AS SÚAS ORLAS, AGASALLOS DA ANPA....
 


TAMÉN ENTREGAMOS OS PREMIOS DE DINAMIZACIÓN: "NA PROCURA DAS FERVENZAS GALEGAS"

PARABÉNS OS 5 PREMIADOS







E... POR ÚLTIMO OUTRA DESPEDIDA...

A PRESIDENTA DA ANPA: Mª DE LOS ÁNGELES, MÁIS COÑECIDA COMO "GELI" DEIXA O CARGO DESPOIS DE MOITOS ANOS E DENDE O COLEXIO QUIXEMOS FACERLLE UN PEQUENO AGASALLO EN AGRADECEMENTO POR TODOS ESTES ANOS AXUDÁNDONOS A QUE O CEIP DOUTOR SUÁREZ FOSE UN LUGAR MELLOR.


GRAZAS, GELI!!!

xoves, 16 de xuño de 2016

REVISTA ESCOLAR: O FALADOIRO Nº20

ESTE ANO A NOSA REVISTA É INTERACTIVA.



PODEREDES FACER PASATEMPOS INTERACTIVOS, VER CURTAS, XOGAR E MOITAS COUSAS MÁIS, PERO... 

COMPROBÁDEO VÓS MESMOS PREMENDO NA IMAXE DA PORTADA DA MESMA



sábado, 7 de maio de 2016

OS PETRÓGLIFOS: CEIPP DA REIGOSA/CEIP DOUTOR SUÁREZ

XA TEMOS NO COLEXIO OS TRABALLOS QUE NOS ENVIARON OS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIPP DA REIGOSA.

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIROS

QUEDÁRONVOS MOI BONITOS!!!








NÓS ESTAMOS REMATANDO OS NOSOS E EN NADA XA OS TEREDES NO VOSO COLE!!!


O PROMETIDO É DEUDA:

E AQUÍ ESTÁN OS QUE NÓS LLE ENVIAMOS PARA A REIGOSA:

1º UNHA BREVE EXPLICACIÓN DO SIGNIFICADO DOS MESMOS



Leer más publicaciones en Calaméo



E... 2º UNHAS REPRESENTACIÓNS ARTÍSTICAS DOS PETRÓGLIFOS DO NOSO CONCELLO E ARREDORES


venres, 29 de abril de 2016

OS PETROGLIFOS: CEIP DOUTOR SUÁREZ



E... AGORA OUTRA ACTIVIDADE



PARA REALIZAR ESTA TAREFA TEDES TODO O MES DE MAIO.

ESTA VEZ IMOS TRABALLAR COS NENOS E NENAS DO CEIP DA REIGOSA.

A ACTIVIDADE CONSISTIRÁ EN QUE TRABALLEMOS UN POUCO OS PETROGLIFOS NAS AULAS E LOGO FAGAMOS UNHA INTERPRETACIÓN ARTÍSTICA CUNHA BREVE EXPLICACIÓN DO QUE SIGNIFICAN PARA NÓS OS PETROGLIFOS DO NOSO CONCELLO E COMARCA. O MESMO FARÁN OS ALUMNOS DO CEIP DA REIGOSA COS DO SEU CONCELLO E...

 LOGO INTERCAMBIAREMOS IMPRESIÓNS!!!


AQUÍ TEDES OS NOSOS:








NA PROCURA DAS FERVENZAS GALEGAS

QUERIDOS ALUMNOS AQUÍ TEDES VARIAS FERVENZAS DE GALICIA.

DE AQUÍ AO 15 DE MAIO TEREDES QUE PESCUDAR CERTOS DATOS SOBRE AS FERVENZAS QUE VOS MOSTRAMOS A CONTINUACIÓN.



ESTA É A FICHA QUE TEREDES QUE CUBRIR:
E AQUÍ TEDES AS FERVENZAS:

























domingo, 10 de abril de 2016

LUEIRO REY 100 ANOS

O DÍA 9 DE ABRIL CUMPRÍRONSE 100 ANOS DO NACEMENTO DE MANUEL LUEIRO REY, ESCRITOR NADO EN FORNELOS.
NO CONCELLO VAISE CELEBRAR A IV EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY.  ACORDAMOS QUE DENDE O COLEXIO RENDIRIAMOS A NOSA PEQUENA HOMENAXE AO AUTOR E  DECIDIMOS FACER UNHA BIOGRAFÍA LÍRICA CHAMADA " AS 3 PAISAXES DE LUEIRO REY (POEMAS DE NENOS GALEGOS) QUE PODEDES VER NO VIDEO DE ABAIXO E QUE FOI PRESENTADO NO ACTO DO DÍA 9 DE ABRIL.


ESPERO QUE VOS GUSTE.





luns, 7 de marzo de 2016

100 ANOS DO NACEMENTO DE LUEIRO REY

Este próximo 9 de Abril cúmprense 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro Rey. Desde o cole queremos coñecer máis a figura deste autor fornelense, polo que traballaremos aspectos da súa vida e obra a través desta actividade interactiva.

domingo, 14 de febreiro de 2016

A TELE NO CEIP DOUTOR SUÁREZ

ESTES DÍAS OS NENOS E NENAS DO COLE ESTÁN GRAVANDO UN PROGRAMA PARA A TVG CHAMADO "DESENREDANDO NA REDE", ONDE OS CATIVOS AMOSAN SIMPATÍA E ESPONTANEIDADE. AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS FOTOS DA GRAVACIÓN DO PROGRAMA.



 PARA MÁIS INFORMACIÓN ESTADE ATENTOS AS VOSAS PANTALLAS!






O ENTROIDO

"AÍ VEN O ENTROIDO,
É FESTA RACHADA,
OS NENOS NA ESCOLA
FAREMOS FOLIADA"



XA CHEGOU O ENTROIDO A FORNELOS, E SEGUINDO COA IDEA DE COÑECER ENTROIDOS SIGNIFICATIVOS DE GALICIA, ESTE TOCOULLE Á PROVINCIA DE OURENSE.
ELIXIMOS DIFERENTES PERSONAXES REPRESENTATIVOS COMO PELIQUEIROS, BOTEIROS, VERGALLEIROS, A COROA DE COVELO, IRRIOS E BOIS DA VEIGA.
UNHA VEZ DISFRAZADOS FOMOS DAR UNHA VOLTA POLA PRAZA DE FORNELOS E DESFILAMOS POLO PATIO DO COLE. ALÍ EXPLICÁMOSLLE ÁS NOSAS FAMILIAS E AOS COMPAÑEIROS EN QUE CONSISTÍA O NOSO DISFRACE E AS TRADICIÓNS E COSTUMES QUE O CARACTERIZABAN.
LOGO COMEMOS TODAS AS LARPEIRADAS TÍPICAS DESTA ÉPOCA (GRACIÑAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN).
E POR ÚLTIMO, PARA BAIXAR ESAS CALORÍAS DE MÁIS, XOGAMOS A DIFERENTES XOGOS NO PATIO.


MIRADE AS FOTOS, VEREDES QUE BEN O PASAMOS!!!!!



...

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Ao longo de toda esta semana estivemos celebrando o día da paz con diferentes actividades.



Agora  podedes ver un vídeo sobre a exposición que fixo María Ángeles Carrera sobre o conto de "O Principiño"


Grazas Geli por participar!







Deixámosvos o video do acto central do día da paz no que formamos as patrullas da paz, lemos contos e fixemos actividades interactivas conxuntas propostas polo mestre Roberto (orientador)








E... por último podedes ver algúns dos traballos feitos polo alumnado ao longo desta semana



...

CONCERTO DIDÁCTICO

O MÉRCORES 27 DE XANEIRO, VEU VISITAR O COLE HIPÓLITO CABEZAS, QUE É O DIRECTOR DA BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES. 
AMOSOUNOS E TOCOU MOITOS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS: OCARINA, ASUBIO, CHARRASCO, FLAUTAS, PANDEREITA E SOBRE TODO A GAITA.
 AGRADECEMOS MOITO A VISITA DE HIPÓLITO.


 BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS PARA VER O QUE FIXEMOS!!!!!!!




...

ESTIVEMOS CON PACO NOGUEIRAS

HOXE, GRAZAS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA E A EDITORIAL KALANDRAKA, VEU PACO NOGUEIRAS A CANTAR E A CONTAR CONTOS.
 PASÁMOLO PIPA E RECORDAMOS A XOSÉ NEIRA VILAS CANTANDO E RECITANDO ALGÚN DOS SEUS POEMAS.


 MIRADE ABAIXO ALGUNHAS FOTOS DA ACTUACIÓN!!!




...

NADAL NO CEIP DOUTOR SUÁREZ

ESTE ANO EN FORNELOS, PASÁMOLO PIPA COS AXUDANTES DE PAPÁ NOEL DO GRUPO BARAFUNDA TEATRO, QUE VIÑERON GRAZAS A ANPA. 

 NON PARAMOS DE RIR E DE BAILAR DESDE QUE EMPEZARON ATA QUE REMATARON.

 LOGO ENTREGÁRONSE OS AGASALLOS DOS LEMAS DE NADAL, POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

 E AO FINAL... APARECERON OS REIS MAGOS CARGADOS DE AGASALLOS PARA O COLE E DE CARAMELOS PARA OS NENOS E NENAS DE FORNELOS QUE APROVEITARON PARA ENTREGARLLE AS CARTAS.


 MIRADE ABAIXO UN RESUMO FOTOGRÁFICO DO QUE PASOU.





...