ESTE É O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP DOUTOR SUÁREZ.
A poalla é unha chuvia miuda, que cae pouco a pouco e aínda que parece que non molla vaise metendo ata chegarnos á pel.
Xa que o noso concello é un dos máis chuviosos, pareceunos un nome moi acertado.
O GALEGO, ao igual ca poalla vaisenos pouco a pouco metendo na pel e no corazón.
xoves, 18 de decembro de 2014
CALENDARIO- REFRANEIRO DO ANO 2015
Coa chegada do novo ano, propuxémonos facer un calendario no que cada mes fora acompañado por un refrán relacionado con esa época do ano.
A participación na actividade foi moi grande e agradecemos a vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario