Aínda que non a podemos celebrar con actividades especiais no cole, como facemos outros anos, adaptarémonos ós recursos que temos na actualidade para facer desta festividade algo especial, xa que así o merece a nosa lingua, o galego.
Que vos propoñemos?
Como ben sabedes, un dos contos máis coñecidos de Carbalho Calero é "As pitas baixo a choiva".
Entón, como a tod@s nos encantan os contos, gustaríanos que nos axudarades a contar este dun xeito algo diferente.
Para iso, o que tendes que facer é ler a páxina ou páxinas do conto que vos tocan, segundo o reparto que aparece máis abaixo, e facer un debuxo sobre ese texto.
Unha vez recopilados os vosos debuxos os profes prepararemos algo moi bonito e especial.
Esperamos que nos axudedes!
ENLACE Ó CONTO: "As pitas baixo a choiva"

As vosas fotos deberedes remitilas ó correo da profe Lucía: luciareymiguez@gmail.com ata o día 14 de maio.
Agardamos polas vosas fotos!!
Ademais, para os que queirades seguir aprendendo sobre o autor homenaxeado, aquí vos deixamos algúnhas actividades moi divertidas que podedes facer:
Si que vos axudaremos profes!
ResponderEliminarUnha aperta de Javi e Nati
😊👏👏 gracias!
Eliminar