ESTE É O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP DOUTOR SUÁREZ.
A poalla é unha chuvia miuda, que cae pouco a pouco e aínda que parece que non molla vaise metendo ata chegarnos á pel.
Xa que o noso concello é un dos máis chuviosos, pareceunos un nome moi acertado.
O GALEGO, ao igual ca poalla vaisenos pouco a pouco metendo na pel e no corazón.
luns, 7 de marzo de 2016
100 ANOS DO NACEMENTO DE LUEIRO REY
Este próximo 9 de Abril cúmprense 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro
Rey.
Desde o cole queremos coñecer máis a figura deste autor fornelense, polo
que traballaremos aspectos da súa vida e obra a través desta actividade
interactiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario