"AÍ VEN O ENTROIDO,
É FESTA RACHADA,
OS NENOS NA ESCOLA
FAREMOS FOLIADA"
XA CHEGOU O ENTROIDO A FORNELOS, E SEGUINDO COA IDEA DE COÑECER ENTROIDOS SIGNIFICATIVOS DE GALICIA, ESTE TOCOULLE Á PROVINCIA DE OURENSE.
ELIXIMOS DIFERENTES PERSONAXES REPRESENTATIVOS COMO PELIQUEIROS, BOTEIROS, VERGALLEIROS, A COROA DE COVELO, IRRIOS E BOIS DA VEIGA.
UNHA VEZ DISFRAZADOS FOMOS DAR UNHA VOLTA POLA PRAZA DE FORNELOS E DESFILAMOS POLO PATIO DO COLE. ALÍ EXPLICÁMOSLLE ÁS NOSAS FAMILIAS E AOS COMPAÑEIROS EN QUE CONSISTÍA O NOSO DISFRACE E AS TRADICIÓNS E COSTUMES QUE O CARACTERIZABAN.
LOGO COMEMOS TODAS AS LARPEIRADAS TÍPICAS DESTA ÉPOCA (GRACIÑAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN).
E POR ÚLTIMO, PARA BAIXAR ESAS CALORÍAS DE MÁIS, XOGAMOS A DIFERENTES XOGOS NO PATIO.
MIRADE AS FOTOS, VEREDES QUE BEN O PASAMOS!!!!!
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario