ESTE É O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP DOUTOR SUÁREZ.
A poalla é unha chuvia miuda, que cae pouco a pouco e aínda que parece que non molla vaise metendo ata chegarnos á pel.
Xa que o noso concello é un dos máis chuviosos, pareceunos un nome moi acertado.
O GALEGO, ao igual ca poalla vaisenos pouco a pouco metendo na pel e no corazón.
ESTES DÍAS OS NENOS E NENAS DO COLE ESTÁN GRAVANDO UN PROGRAMA PARA A TVG CHAMADO "DESENREDANDO NA REDE", ONDE OS CATIVOS AMOSAN SIMPATÍA E ESPONTANEIDADE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS FOTOS DA GRAVACIÓN DO PROGRAMA.
PARA MÁIS INFORMACIÓN ESTADE ATENTOS AS VOSAS PANTALLAS!
XA CHEGOU O ENTROIDO A FORNELOS, E SEGUINDO COA IDEA DE COÑECER ENTROIDOS SIGNIFICATIVOS DE GALICIA, ESTE TOCOULLE Á PROVINCIA DE OURENSE.
ELIXIMOS DIFERENTES PERSONAXES REPRESENTATIVOS COMO PELIQUEIROS, BOTEIROS, VERGALLEIROS, A COROA DE COVELO, IRRIOS E BOIS DA VEIGA.
UNHA VEZ DISFRAZADOS FOMOS DAR UNHA VOLTA POLA PRAZA DE FORNELOS E DESFILAMOS POLO PATIO DO COLE. ALÍ EXPLICÁMOSLLE ÁS NOSAS FAMILIAS E AOS COMPAÑEIROS EN QUE CONSISTÍA O NOSO DISFRACE E AS TRADICIÓNS E COSTUMES QUE O CARACTERIZABAN.
LOGO COMEMOS TODAS AS LARPEIRADAS TÍPICAS DESTA ÉPOCA (GRACIÑAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN).
E POR ÚLTIMO, PARA BAIXAR ESAS CALORÍAS DE MÁIS, XOGAMOS A DIFERENTES XOGOS NO PATIO.
Ao longo de toda esta semana estivemos celebrando o día da paz con diferentes actividades.
Agora podedes ver un vídeo sobre a exposición que fixo María Ángeles Carrera sobre o conto de "O Principiño".
Grazas Geli por participar!
Deixámosvos o video do acto central do día da paz no que formamos as patrullas da paz, lemos contos e fixemos actividades interactivas conxuntas propostas polo mestre Roberto (orientador)
E... por último podedes ver algúns dos traballos feitos polo alumnado ao longo desta semana
ESTE ANO EN FORNELOS, PASÁMOLO PIPA COS AXUDANTES DE PAPÁ NOEL DO GRUPO BARAFUNDA TEATRO, QUE VIÑERON GRAZAS A ANPA.
NON PARAMOS DE RIR E DE BAILAR DESDE QUE EMPEZARON ATA QUE REMATARON.
LOGO ENTREGÁRONSE OS AGASALLOS DOS LEMAS DE NADAL, POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
E AO FINAL... APARECERON OS REIS MAGOS CARGADOS DE AGASALLOS PARA O COLE E DE CARAMELOS PARA OS NENOS E NENAS DE FORNELOS QUE APROVEITARON PARA ENTREGARLLE AS CARTAS.