domingo, 29 de novembro de 2015

PROXECTO O NOSO ENTORNO


INTRODUCIÓN

Este proxecto é unha colaboración entre dous centros:


O NOSO: O CEIP DOUTOR SUÁREZ de Fornelos de Montes

e

O CEIPP BAÑO-XANZA de Valga.



Partindo dun elemento común aos dous concellos como son as fervenzas, pretendemos traballar diferentes obxectivos entre os que destacan o coñecemento dos elementos naturais de ámbolos dous concellos. 

Para organizar o traballo temos un blogue común:



Cada mes, un dos colexios lanzará un reto ao outro centro que estará relacionado coa contorna dunha fervenza. O outro colexio terá que resolver o reto e publicaranse coplas, lendas e traballos artísticos sobre cada fervenza.

MOTIVACIÓN E AVALIACIÓN INICIAL

Fixemos unha selección de libros da nosa biblioteca para poder consultar información e introducirnos en conceptos básicos.






E, para coñecer os coñecementos previos do noso alumnado e das familias elaboramos esta ficha que enviamos para a casa:



Leer más publicaciones en Calaméo



O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES COA AXUDA DO ALUMNADO AMBIENTA ASÍ DE BEN A ENTRADA DO COLEXIO:







PROPORCIONAMOS AO ALUMNADO UN MANUAL DA CÁMARA DE VÍDEO EN LINGUA GALEGA PARA QUE COMECE A GRAVAR.








E.. por suposto os máis pequenos do colexio visitamos un río que hai preto de aquí:

O RÍO OITAVÉN

Aprendimos moito das plantas e os animais que viven nas beiras do río, xa que fomos dando un paseíño. Alí merendamos para coller forzas e logo...  de volta ao cole camiñando!!

SON UNS CAMPEÓNS!!!

























































MIGUEL, QUE É GARDA FORESTAL NA NOSA COMARCA, VEU A FALARNOS DA FLORA E FAUNA DOS NOSOS RÍOS (OITAVÉN E VERDUGO)


 GRAZAS, MIGUEL!!!



...

Ningún comentario:

Publicar un comentario