INTRODUCIÓN
Este proxecto é unha colaboración entre dous centros:
O NOSO: O CEIP DOUTOR SUÁREZ de Fornelos de Montes
e
O CEIPP BAÑO-XANZA de Valga.
Partindo dun elemento común aos dous concellos como son as fervenzas, pretendemos traballar diferentes obxectivos entre os que destacan o coñecemento dos elementos naturais de ámbolos dous concellos.
Cada mes, un dos colexios lanzará un reto ao outro centro que estará relacionado coa contorna dunha fervenza. O outro colexio terá que resolver o reto e publicaranse coplas, lendas e traballos artísticos sobre cada fervenza.
Fixemos unha selección de libros da nosa biblioteca para poder consultar información e introducirnos en conceptos básicos.
E, para coñecer os coñecementos previos do noso alumnado e das familias elaboramos esta ficha que enviamos para a casa:
MOTIVACIÓN E AVALIACIÓN INICIAL
E, para coñecer os coñecementos previos do noso alumnado e das familias elaboramos esta ficha que enviamos para a casa:
Leer más publicaciones en Calaméo
PROPORCIONAMOS AO ALUMNADO UN MANUAL DA CÁMARA DE VÍDEO EN LINGUA GALEGA PARA QUE COMECE A GRAVAR.
O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES COA AXUDA DO ALUMNADO AMBIENTA ASÍ DE BEN A ENTRADA DO COLEXIO:
PROPORCIONAMOS AO ALUMNADO UN MANUAL DA CÁMARA DE VÍDEO EN LINGUA GALEGA PARA QUE COMECE A GRAVAR.
E.. por suposto os máis pequenos do colexio visitamos un río que hai preto de aquí:
O RÍO OITAVÉN
Aprendimos moito das plantas e os animais que viven nas beiras do río, xa que fomos dando un paseíño. Alí merendamos para coller forzas e logo... de volta ao cole camiñando!!
SON UNS CAMPEÓNS!!!
MIGUEL, QUE É GARDA FORESTAL NA NOSA COMARCA, VEU A FALARNOS DA FLORA E FAUNA DOS NOSOS RÍOS (OITAVÉN E VERDUGO)
GRAZAS, MIGUEL!!!
...