domingo, 17 de maio de 2020

CHEGOU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola nenos e nenas.

Xa está  preparado o noso video-conto das LETRAS GALEGAS!


Ante todo, os mestres e mestras do cole queremos dar as gracias ós participantes que nos axudastes a contar o conto "As pitas baixo a choiva" mandando uns debuxos moi moi fermosos e traballados.

Quedou así de fermoso, a ver se vos gusta, que o disfrutedes!


domingo, 10 de maio de 2020

PROXECTO LETRAS GALEGAS 2020


Ola nenos e nenas, chegou a semana das LETRAS GALEGAS!!!

Aínda que non a podemos celebrar con actividades especiais no cole, como facemos outros anos, adaptarémonos ós recursos que temos na actualidade para facer desta festividade algo especial, xa que así o merece a nosa lingua, o galego.

Que vos propoñemos?

Como ben sabedes, un dos contos máis coñecidos de Carbalho Calero é "As pitas baixo a choiva".

Entón, como a tod@s nos encantan os contos, gustaríanos que nos axudarades a contar este dun xeito algo diferente.

Para iso, o que tendes que facer é ler a páxina ou páxinas do conto que vos tocan, segundo o reparto que aparece máis abaixo, e facer un debuxo sobre ese texto. 

Unha vez recopilados os vosos debuxos os profes prepararemos algo moi bonito e especial.

Esperamos que nos axudedes!

ENLACE Ó CONTO: "As pitas baixo a choiva"


As vosas fotos deberedes remitilas ó correo da profe Lucía: luciareymiguez@gmail.com ata o día 14 de maio.

Agardamos polas vosas fotos!!


Ademais, para os que queirades seguir aprendendo sobre o autor homenaxeado, aquí vos deixamos algúnhas actividades moi divertidas que podedes facer:


xoves, 7 de maio de 2020

XOGANDO TAMÉN APRENDEMOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS


A proposta que presentamos nesta entrada é un xogo moi de moda na actualidade, o "Escape Room", estes creáronos unhas mestras e compartironos para que así tod@s poidamos disfrutar deles e aprender moitas cousas sobre as letras galegas.


Que é un "escape room"?


É un xogo de aventura, no que deberedes empregar o voso inxenio para ir resolvendo as misións que vos encomendan, e así conseguir os números da clave para chegar á recompensa final.

É moi divertido e motivante así que ánimo con este reto!!




Aquí tendes os enlaces:





domingo, 3 de maio de 2020

PRESENTACIÓN DO AUTOR HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2020

Ola a todos e todas!!

Comezou o mes de maio, mes de celebración das letras galegas! Este ano a súa celebración será un pouco diferente xa que non podemos facelo xunt@s pero non por iso vai a quedar sen festexar.

Como ben sabedes, o seu día de celebración é o 17 de maio e cada ano adícaselle a un autor ou autora. Sabedes quen é o autor homenaxeado este ano?


De seguro que despois de ver un dos seguintes recursos sobre a súa vida e obra saberedes responder.


A proposta para os alumnos e alumnas de infantil, 1º e 2º é o preguntoiro das letras galegas:





A proposta para os alumnos e alumnas de 3º e 4º é o conto da vida de Ricardo Carballo Calero:



As propostas para os alumnos e alumnas de 5º e 6º son:
- Unha entrevista:





- Unha liña do tempo sobre a súa vida e obra (premede no enlace para vela): Liña do tempo


Xa sabedes quen é o autor homenaxeado? Certo, Ricardo Carballo Calero.

Esperamos que aprenderades moito sobre él!


Saúdos e moitos ánimos para tod@s!!

venres, 28 de febreiro de 2020

O ENTROIDO


    
         Para celebrar o entroido en Fornelos, ademais do tradicional desfile do venres 21 de febreiro, ó longo da semana tivemos unha visita moi especial, o tradicional "MECO" que viña caracterizado de Willy Fog e púxonos uns mandatos moi divertidos.





Estas son algunhas mostras do guapos que estabamos:








mércores, 8 de xaneiro de 2020

O NADAL NO CEIP DOUTOR SUÁREZ


   Este ano para decorar a entrada polo Nadal fixemos este bonito mural.





   A árbore está feita coas nosas máns pintadas e recortadas e as estrelas levan escritas nosos desexos.





   Ademáis, os de infantil fixeron este outro tan bonito.





   A Papá Noel, o Apalpador e aos reis magos debéronlles encantar que cando volvemos do nadal atopámonos un montón de regalos ó pe da nosa árbore.

   Que bonito nos quedou o cole!!

martes, 12 de novembro de 2019

TRABALLANDO O OUTONO




O OUTONO NO CEIP DOUTOR SUÁREZ


Este ano, para traballar o outono, no cole fixemos este estupendo mural coa colaboración de todos/as os nenos e nenas do centro así como dos mestres.

Cada curso traballou unha temática referente ó outono e logo plasmaron as palabras máis representativas desa temática nas cartolinas colocadas no mural.

Este foi o produto final!!










Os nenos e nenas de infantil traballaron 
as froitas e froitos.






Os nenos e nenas de 1º e 2º traballaron 
as prendas de roupa.










Os nenos e nenas de 3º
 traballaron 
a flora e a fauna.





     
 Os nenos e nenas de 4º traballaron os poemas.





Os nenos e nenas de 5º
traballaron a meteoroloxía.










       Os nenos e nenas de 6º
         traballaron os refráns.