ESTE É O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP DOUTOR SUÁREZ.
A poalla é unha chuvia miuda, que cae pouco a pouco e aínda que parece que non molla vaise metendo ata chegarnos á pel.
Xa que o noso concello é un dos máis chuviosos, pareceunos un nome moi acertado.
O GALEGO, ao igual ca poalla vaisenos pouco a pouco metendo na pel e no corazón.
ESTE ANO EN FORNELOS, PASÁMOLO PIPA COS AXUDANTES DE PAPÁ NOEL DO GRUPO BARAFUNDA TEATRO, QUE VIÑERON GRAZAS A ANPA.
NON PARAMOS DE RIR E DE BAILAR DESDE QUE EMPEZARON ATA QUE REMATARON.
LOGO ENTREGÁRONSE OS AGASALLOS DOS LEMAS DE NADAL, POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
E AO FINAL... APARECERON OS REIS MAGOS CARGADOS DE AGASALLOS PARA O COLE E DE CARAMELOS PARA OS NENOS E NENAS DE FORNELOS QUE APROVEITARON PARA ENTREGARLLE AS CARTAS.
Este proxecto é unha colaboración entre dous centros:
O NOSO: O CEIP DOUTOR SUÁREZ de Fornelos de Montes
e
O CEIPP BAÑO-XANZA de Valga.
Partindo dun elemento común aos dous concellos como son as fervenzas, pretendemos traballar diferentes obxectivos entre os que destacan o coñecemento dos elementos naturais de ámbolos dous concellos.
Cada mes, un dos colexios lanzará un reto ao outro centro que estará relacionado coa contorna dunha fervenza. O outro colexio terá que resolver o reto e publicaranse coplas, lendas e traballos artísticos sobre cada fervenza.
MOTIVACIÓN E AVALIACIÓN INICIAL
Fixemos unha selección de libros da nosa biblioteca para poder consultar información e introducirnos en conceptos básicos.
E, para coñecer os coñecementos previos do noso alumnado e das familias elaboramos esta ficha que enviamos para a casa:
E.. por suposto os máis pequenos do colexio visitamos un río que hai preto de aquí:
O RÍO OITAVÉN
Aprendimos moito das plantas e os animais que viven nas beiras do río, xa que fomos dando un paseíño. Alí merendamos para coller forzas e logo... de volta ao cole camiñando!!
SON UNS CAMPEÓNS!!!
MIGUEL, QUE É GARDA FORESTAL NA NOSA COMARCA, VEU A FALARNOS DA FLORA E FAUNA DOS NOSOS RÍOS (OITAVÉN E VERDUGO)
O día 29 de Outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha morea de cousas: rematamos un conto de diferentes xeitos, entregamos premios aos lectores máis activos e por último a meiga fixo un conxuro para desterrar todos os nosos medos. Botádelle un ollo e mirade que ven o pasamos!
O EQUIPO DE EDLG PROPUXO UNHA ACTIVIDADE PARA ESTE SAMAÍN: UNHA EXPOSICIÓN DE MAZAROCAS DECORADAS. UNHA VEZ MÁIS TEMOS QUE AGRADECER AOS NEN@S E ÁS FAMILIAS A PARTICIPACIÓN NESTE TRABALLO.