mércores, 11 de novembro de 2015

TEMPO DE MAGOSTO

Vaia festa máis grande celebramos o día de San Martiño no cole.
En primeiro lugar asamos as castañas, logo as papamos e que ricas estaban!!!
Máis tarde xogamos a xogos tradicionais e como sobremesa un partidazo de mestres contra alumnos.
Mirade a montaxe de abaixo para facervos unha idea!!





E, a semana anterior traballamos un pouco a temática e o léxico relacionado co magosto:

EN INFANTIL TRABALLARON CUN...

CREBACABEZAS!!!






E... EN PRIMARIA

  O XOGO DAS PISTAS!!!

Cada clase tiña que adiviñar unha palabra diferente, durante 5 días, unha pista cada día






SAMAÍN NO COLE

O día 29 de Outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha morea de cousas: rematamos un conto de diferentes xeitos, entregamos premios aos lectores máis activos e por último a meiga fixo un conxuro para desterrar todos os nosos medos. Botádelle un ollo e mirade que ven o pasamos! 
 

sábado, 7 de novembro de 2015

SAMAÍN 2015: EXPOSICIÓN DE MAZAROCAS DE MILLO

O EQUIPO DE EDLG PROPUXO UNHA ACTIVIDADE PARA ESTE SAMAÍN: UNHA EXPOSICIÓN DE MAZAROCAS DECORADAS. UNHA VEZ MÁIS TEMOS QUE AGRADECER AOS NEN@S E ÁS FAMILIAS A PARTICIPACIÓN NESTE TRABALLO. 



 CANTA CREATIVIDADE!!! COMPROBÁDEO VÓS MESMOS



CESTAS DE OUTONO

PROPÚXOSE FACER DENDE O COLEXIO UNHA EXPOSICIÓN DE CESTAS CON PRODUTOS TÍPICOS DO OUTONO.


COMPROBADE O QUE SE PODE ARGALLAR CON PRODUTOS TÍPICOS DESTA ESTACIÓN



domingo, 25 de outubro de 2015

23 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres 23 de outubro celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 Realizamos varias actividades entre elas:

1. Escolla dos libros que van formar a mochila viaxeira deste curso.

2. O Equipo de biblioteca organizou unha pequena obra de teatro que interpretaron algunhas alumnas de 6º de primaria: "A RATIÑA PRESUMIDA"

MIRADE QUE BEN O FIXERON!!!