ESTE É O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP DOUTOR SUÁREZ. A poalla é unha chuvia miuda, que cae pouco a pouco e aínda que parece que non molla vaise metendo ata chegarnos á pel. Xa que o noso concello é un dos máis chuviosos, pareceunos un nome moi acertado. O GALEGO, ao igual ca poalla vaisenos pouco a pouco metendo na pel e no corazón.
xoves, 5 de novembro de 2015
domingo, 25 de outubro de 2015
23 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O venres 23 de outubro celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
1. Escolla dos libros que van formar a mochila viaxeira deste curso.
2. O Equipo de biblioteca organizou unha pequena obra de teatro que interpretaron algunhas alumnas de 6º de primaria: "A RATIÑA PRESUMIDA"
MIRADE QUE BEN O FIXERON!!!
luns, 22 de xuño de 2015
SERÁN 2015
O día 19 de xuño, como remate ao curso escolar, celebramos o noso serán.
Que ben bailan estes nen@s!!!
Queremos agradecer a Calixto Albán (Tito) o seu traballo como mestre de baile galego.
A súa labor é certamente moi importante xa que grazas a súa implicación os nosos alumn@s entran en contacto cunha das partes máis fermosas da nosa cultura, como son os tradicionais seráns e a muiñeira.
E... AQUÍ TEDES O VÍDEO
ESTES RAPACES E RAPAZAS TEÑEN FUTURO
COMPROBÁDEO VÓS MESMOS!!!
xoves, 11 de xuño de 2015
O FALADOIRO Nº 19
XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA DO COLE!!!!
ÁNIMO!!! QUE TEDES MOITO QUE VER!
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP DOUTOR SUÁREZ DESEXA QUE DISFRUTEDES DESTA MARABILLOSA REVISTA, FROITO DO TRABALLO DE TODO UN CURSO.
SEN MÁIS, FELIZ VERÁN A TOD@S!!!!
S(SE PREMEDES NO CADRO DA ESQUINA DEREITA SUPERIOR PODEREDES VER A REVISTA EN PANTALLA COMPLETA)
SAÍDA AO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
ENCANTOUNOS!!!
QUE BEN O PASAMOS!!!
O MARTES DÍA 26 DE MAIO DISFRUTAMOS DA OBRA DE CARAMUXO TEATRO:
"AS FABAS MÁXICAS"
luns, 18 de maio de 2015
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
CON MOTIVO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, PASOU POLO COLE BARAFUNDA TEATRO, PARA FACER UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL, NA QUE HOUBO DE TODO.
HOUBO MALABARES, CHISTES, SESIÓN DE MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA, POMPAS DE XABÓN E... MAXIA CON COELLO INCLUÍDO!!!!!
PASÁMOLO PIPA, COMO PODEDES COMPROBAR NO ENLACE DE ABAIXO
HOUBO MALABARES, CHISTES, SESIÓN DE MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA, POMPAS DE XABÓN E... MAXIA CON COELLO INCLUÍDO!!!!!
PASÁMOLO PIPA, COMO PODEDES COMPROBAR NO ENLACE DE ABAIXO
luns, 27 de abril de 2015
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
"O LIBRO QUE XAMAIS ESQUECEREMOS"
Con motivo da celebración do día do libro, propuxemos ao noso alumnado que cavilara no libro que máis lle gustara.
Un libro pode ser ou significar moitas cousas: ledicia, medo, emoción,diversión, chiste, xogo....
Descríbeno perfectamente os nos@s alumn@s, que despois de pensar en cal foi ese libro especial que xamais esquecerán, explicaron e contaron os seus libros favoritos así de ben.
Escoitádeos no seguinte video
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
