luns, 27 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

"O LIBRO QUE XAMAIS ESQUECEREMOS"


Con motivo da celebración do día do libro, propuxemos ao noso alumnado que cavilara no libro que máis lle gustara.

Un libro pode ser ou significar moitas cousas: ledicia, medo, emoción,diversión, chiste, xogo....

Descríbeno perfectamente os nos@s alumn@s, que despois de pensar en cal foi ese libro especial que xamais esquecerán, explicaron e contaron os seus libros favoritos así de ben. 

Escoitádeos no seguinte video 


venres, 17 de abril de 2015

PRIMAVERA EN INFANTIL

OS PEQUENOS DO COLE ESTIVEMOS A  TRABALLAR, TODO ESTE MES, NUN MURAL, PARA DARLLE A BENVIDA Á PRIMAVERA.

COLGAMOS UN PAR DE FOTOGRAFÍAS; UNHA ELABORANDO O MURAL...



E OUTRA CO RESULTADO FINAL!!!!!!


venres, 10 de abril de 2015

MES DE ROSALIA

DESDE O 24 DE FEBREIRO (DÍA DO ANIVERSARIO DE ROSALÍA) ATA O 10 DE ABRIL, NO COLE TRABALLAMOS A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO COINCIDINDO COS 130 ANOS DO SEU PASAMENTO.

FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE INTERACTIVA, PARA SABER MAÍS SOBRE A VIDA DE ROSALÍA, QUE PODEDES FACER A CONTINUACIÓN OU CLICANDO  AQUÍ



AO LONGO DESTES DÍAS FIXEMOS UNHA LIÑA DE VIDA DIVIDIDA POR ETAPAS DA SÚA VIDA. 
A CONTINUACIÓN PODEDES MIRAR O VIDEO DOS TRABALLOS E A SÚA EXPOSICIÓN ORAL.

PEQUENOS CIENTÍFICOS

   O ALUMNADO DE 5º ANDAMOS EXPERIMENTANDO E ENREDANDO, EN CLASE DE CIENCIAS NATURAIS, COA DENSIDADE DOS LÍQUIDOS.

    ALGÚNS DE VÓS PREGUNTARASE: QUE É ISO DA DENSIDADE? 

  SÓ TEDES QUE PICAR NO VIDEO DE  ABAIXO SE QUEREDES SABER ALGO MÁIS SOBRE ESTA PROPIEDADE.